(VÍDEO) “O Branco Lexítimo é sen dúbida un dos viños máis aromáticos”

Da man de Luís Sande, de Pagos de Brigante, e Tonecho Meixide, de Adegas Bordel, os asistentes á xornada do domingo 9 de marzo á feira BioCultura 2025 na Coruña, tiveron oportunidade de degustar os seus viños e asistir a unha clase maxistral sobre os caldos da comarca no espazo Reserva da Biosfera – Mariñas Coruñesas.

Aroma floral, litchi, rosa, sabugueiro, aromas herbáceos… Así xogaron os participantes a descubrir os aromas nesta cata guiada.

Política de cookies || Política de privacidade