Adegas Bordel mostrou os seus viños en BioCultura 2025
Entre o 7 e o 9 de marzo, en EXPOCoruña.

A máis grande iniciativa de proxección de produtos ecolóxicos e ecoturismo a nivel estatal, BioCultura, ten en tempos recentes unha das súas citas na cidade da Coruña. Alí, e nesta edición 2025, no espazo Reserva da Biosfera – Mariñas Coruñesas, os viños da zona tiveron tamén protagonismo.
Entre os máis de 150 expositores dedicados aos sectores da alimentación relacionados, estivo tamén “Adegas Bordel”, co seu propietario, Xosé Antonio Meixide, Tonecho, á fronte, canda a súa muller tamén fundadora deste proxecto en 2010. Meixide, recoñecido experto e tamén profesor de viticultura, salientou as características únicas que lle outorga a castes como, especialmente, o branco lexítimo, as condicións agroclimáticas do espazo da Biosfera.