Bodegas Rilo levou a súa proposta a BioCultura 2025
Entre o 7 e o 9 de marzo, en EXPOCoruña.

No espazo Reserva da Biosfera – Mariñas Coruñesas, os viños da zona estiveron presentes na prestixiosa feira BioCultura, a máis grande iniciativa de proxección de produtos ecolóxicos e ecoturismo a nivel estatal.
Entre os máis de 150 expositores dedicados aos sectores da alimentación relacionados, estivo “Bodegas Rilo”, o proxecto pilotado por Ricardo Rilo, quen salienta entre os elementos diferenciais desta adega o seren pioneiros en sacar o primeiro espumoso da zona e tamén levar ao mercado o primeiro viño doce natural.